Aparece un novo cadáver flotando preto de Brens
02 de maio de 2013 (09:37 h.)
Ao igual que acontecera o pasado 11 de marzo, un cadáver aparecía flotando esta tarde de mércores 1 de maio na zona de Brens, entre A Ostreira e A Furna.
Descoñécese a identidade do corpo sen vida, en avanzando estado de descomposición. Ao lugar acodiron Salvamento Marítimo e Garda Civil.
Accidentes na mar no 2013
- 25-04-13: Doble rescate de sendos barcos en Camariñas.
- 24-04-13: Un percebeiro ferido tras caer nas rochas preto de Touriñán.
- 18-04-13: Atopado o cadáver dunha muller nova no mar de Fisterra.
- 04-04-13: Rescatados os 4 tripulantes dun pesquero de Laxe envorcado a unha milla de Malpica.
- 11-03-13: Aparece un cadáver en avanzado estado de descomposición nas rochas de Brens.
- 02-03-13: Falece un home do Pindo no mar das Lobeiras.
- 14-01-13: Falece un malpicán no mar.