Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Atopado o cadáver dunha muller nova no mar de Fisterra

Atopado o cadáver dunha muller nova no mar de Fisterra
O Auxuliar do Buque de Salvamento Don Inda recuperou o cadáver e o trouxo ao Porto de Brens

Esta tarde de mércores 17 de abril, un pescador de cana alertaba a Salvamento Marítimo da aparición dun corpo flotando nas inmediacións do Cabo Fisterra. De inmediato, a embarcación auxiliar de Salvamento Marítimo "Don Inda" saía de contado, atopaba o corpo sen vida e o trasladaba de volta ao porto de Brens.

Alí estaban xa agardando a Garca Civil, Protección Civil e a Policía Local de Cee que se facía cargo do cadáver.

Ao parecer, o corpo non levaba moito tempo na auga pois non presentaba signos de descomposición, e podería ser dunha muller bastante nova. De feito, trátase dunha muller de 25 anos de Valga, Pontevedra, que levaba unha nota no peto indicando a súa vontade.

Novas relacionadas

Accidentes na mar no 2013

Fonte

Comentarios