As Novas Xeracións do PP reuníronse en Cee

Nos últimos días, varios representantes das Novas Xeracións do Partido Popular de Cee, Muxía, Fisterra e Dumbría mantiveron unha xuntanza en Cee de cara á preparación das súas tarefas para as vindeiras eleccións xerais do 20 de novembro. Este foi o primeiro encontro entre os responsables locais das xuventudes populares da Costa da Morte ao longo da súa historia. No acto, o presidente das Novas Xeracións ceenses, Enrique Domínguez, dirixiuse aos alí presentes para organizar a axenda de traballo no camiño ata as eleccións. Domínguez fixo un chamamento ao diálogo coa mocidade para convencelos do cambio que os populares consideran necesario no Goberno, “é posible e real”. Domínguez dixo que as Novas Xeracións terán un papel “moi importante” no desenvolvemento da campaña do Partido Popular. Para iso pediu a implicación de toda a familia conservadora durante a campaña e despois das eleccións.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa das NN. XX. de Cee.