Baldomero Cores xa ten o seu Auditorio en Cee

Óscar Ibáñez e Fernando Fraga tocaron por Baldomero Cores

Foron por Cee unhas Letras Galegas máis adicadas a Baldomero Cores que a Carlos Casares. Así o comprobaron os que pasaron onte pola Casa da Cultura, para poñerlle o nome do cronista ceés ao Auditorio.

Aí estivo a viúva de Baldomero, Aurora Lamas, acompañada por Luís Pousa Meréns e o alcalde Ramón Vigo.

Lembrando a Baldomero Cores
A sesión serviu para destapar a placa que lembra a Baldomero Cores no Auditorio

Despois de varias lecturas sobre este xornalista, catedrático e escritor tan importante para a historia de Cee, nun emocionante segundo aniversario do seu falecemento, amúsica de Fernando Fraga e Óscar Ibáñez engadiu unha atmósfera máxica no xa “Auditorio Baldomero Cores de Cee”.

https://www.facebook.com/rafael.quintanscanosa/videos/10213306488920434/

Novas relacionadas