Baldomero Cores xa ten o seu Auditorio en Cee

08:14 18/05/17

Foron por Cee unhas Letras Galegas máis adicadas a Baldomero Cores que a Carlos Casares. Así o comprobaron os que pasaron onte pola Casa da Cultura, para poñerlle o nome do cronista ceés ao Auditorio.
Aí estivo a viúva de Baldomero, Aurora Lamas, acompañada por Luís Pousa Meréns e o alcalde Ramón Vigo.


Despois de varias lecturas sobre este xornalista, catedrático e escritor tan importante para a historia de Cee, nun emocionante segundo aniversario do seu falecemento, amúsica de Fernando Fraga e Óscar Ibáñez engadiu unha atmósfera máxica no xa “Auditorio Baldomero Cores de Cee”.
https://www.facebook.com/rafael.quintanscanosa/videos/10213306488920434/