Brens reaprende a reciclar
Continúa co seu completo programa actividades do primeiro trimestre a SDC Brens. Este sábado organizan unha charla sobre a reciclaxe. "Na Sdc Brens entendemos que unha boa sensibilización é unha ferramenta clave para implicar á cidadanía para mellorar a separación en orixe e avanzar cara a un modelo máis sostible". Por iso, a través da charla e da participación cidadá queren contribuir a:
- Reducir a xeración de residuos.
- Mellorar o uso dos contedores.
- Incrementar a reciclaxe.
Dan man da empresa Coregal (COGAMI) que ten unha gran experiencia na reciclaxe, ademais, na xestión de resíduos (concello de Santiago, Ames, Fisterra, Corcubión....) ofrecerá unha charla moi interesante, na que se porá máis énfase na boa utilización dos diferentes tipos de contedores (verde, amarelo,azul, marrón....) para "así e, gran a gran, poder reciclar e deixar un mundo mellor".