As pequenas abellas de Brens e da Pereiriña estrean o Entroido
No pequeno colexio de Brens (CEIP de Brens) e na Escola de Educación Infantil da Pereiriña (EEI da Pereiriña), coñecidas como as Unitarias de Cee, estrearon o Entroido na comarca.
Este xoves, caracterizábanse (cada grupo na súa escola de abellas e as profes de apicultoras) dentro dun proxecto trimestral realizado conxuntamente titulado "As abellas e o mel" ... Un fermoso xeito de vivir a apicultura en primeira persoa.
Para poñelos en situación, previamente recibiron nos centros a unha técnica da denominación oficial "Mel de Galicia" e aos apicultores do mel "Morriña dourada", premiada como a mellor da Costa da Morte no 2025. Ademais, durante o trimestre, levando aproveitaron en clase os materiais divulgativos de maisquemel.gal coa colaboración de Suso Asorey (un autor experto sobre o tema das abellas).
Recrearon colmeas e escenificaron unha posta en escea diante das familias con varias cancións relacionadas co tema en galego, castelán e inglés, e o éxito foi tan fantástico e a temática tan motivadora que seguirán aprendendo de apicultura o vindeiro curso.
O venres continuará a festa cun baile de disfraces e larpeiradas variadas en cada escola.

