Buserana realizou unha Cea de Mulleres chea de complicidade

Cea de Mulleres de Buserana no Recreo en Cee

70 mulleres encheron o Restaurante O Recreo en Cee para celebrar unha nova edición da Cea de Mulleres convocada pola Organización Feminista Buserana para celebrar o 8M, Día Internacional da Muller.

”Foi un acto precioso cargado de complicidade”, polo que dende o colectivo se amosan “moi contentas e agradecidas”.

Patricia Vaquero e Begona Fdez tomaron a palabra na cea de mulleres de Buserana

Ao longo da cea tomaron a palabras mulleres de peso como Patricia Vaquero (psicóloga e especialista en feminismo en Nós Igualdade), Begoña Fdez. (arquitecta e empresaria á fronte da Galería Stoupa) e Chinta Louzán, voceira da Plataforma Reiseñores en prol dun ensino plural.

Falaron dos diferentes camiños do feminismo e as confluencias destes e a multiplicación das forzas cando “traballamos xuntas”.

 

MÁIS NOVAS DO 8M