Encontro fraternal feminista costeiro en Corcubión

20:45 06/11/22
60 mulleres xuntáronse este venres no Codium Quenxe no marco da cea anual da Asociación Feminista Buserana. As gañas de xuntarse e o bo estado de saúde da Asociación permitiron que as previsións saltasen polos aires e aínda foron máis as mulleres que querrían participar mneste Encontro Feminista 2022.
Non houbo moitos discursos, pero si moita charla comprometida, e mesmo unha colecta para que a entidade manteña fondos para as actividades como as manifestacións do 25N ou 8M, así como o certame literario.
Unha cea moi horizontal, como o é a organización desta histórica xa entidade feminista, na que, por suposto, non faltaron as pandeiretas e as cántigas.