Buserana realizou unha Cea de Mulleres chea de complicidade
10:13 09/03/24
70 mulleres encheron o Restaurante O Recreo en Cee para celebrar unha nova edición da Cea de Mulleres convocada pola Organización Feminista Buserana para celebrar o 8M, Día Internacional da Muller.
”Foi un acto precioso cargado de complicidade”, polo que dende o colectivo se amosan “moi contentas e agradecidas”.
Ao longo da cea tomaron a palabras mulleres de peso como Patricia Vaquero (psicóloga e especialista en feminismo en Nós Igualdade), Begoña Fdez. (arquitecta e empresaria á fronte da Galería Stoupa) e Chinta Louzán, voceira da Plataforma Reiseñores en prol dun ensino plural.
Falaron dos diferentes camiños do feminismo e as confluencias destes e a multiplicación das forzas cando “traballamos xuntas”.