As Buseranas convocan unha nova Cea de Mulleres polo 8 de marzo
21 de febreiro de 2025 (10:06 h.)
Achégase o Día da Muller e a Asociación Feminista Buserana quere celebralo en confianza. Despois da complicidade xerada nas dúas edicións anteriores, a organización quere repetir a experiencia da Cea de Mulleres, unha cea de confraternización, sororidade e amizade
A cita será o propio sábado 8 de marzo no Restuarante Faina de Cee, ás 22:00h da noite.
O prezo é de 25€, 20€ para a cea e 5€ para a organización de actividades (premios literarios, presentación de libros, elaboración de cartaces, etc).
Podes confirmar xa nos teléfonos 600-508-962 e 675-906-657.