O podcast “Todas Nós” arrinca reflexionando sobre a relación das mulleres cos cartos
A comunidade de mulleres profesionais da Costa da Morte “Todas Nós” segue medrando, desta volta xa coa posta en marcha do podcast “Todas Nós”. Da man de Patricia Vaquero, de Nós Igualdade, e cunha marea de profesionais e emprendedoras ao seu arredor, nace este espazo quincenal onde se falará desde unha perspectiva de xénero moitas das cousas que nos preocupan e nos ocupan como mulleres. Intentaremos comprender como o tipo de sociedade na que vivimos afecta directamente a moitos comportamentos e actitudes.
Será un espazo para dar voz e visibilidade ás mulleres, para compartir experiencias e coñecementos.
O Podcast xa está dispoñible nas principais plataformas Spotify, Ivoox<(a>, Google Podcast e ao longo desta semana tamén estará dispoñible na web www.nosigualdade.com. Despois dun capitulo de presentación con Mariana González e Vaquero, o segundo capítulo é unha interesante sobre a relación entre as mulleres e os cartos, da man da nalista financeira baiesa/laxense María Mira. Un episodio tremendamente necesario, que toca un cento de clichés sobre os que nos temos criado homes e mulleres.
MÁIS NOVAS
- Decembro 21: O talento de Todas Nós, á escena.
- Setembro 21: As mulleres de Todas Nós.
- Marzo 21: Todas Nós, nace o Punto de encontro das mulleres profesionais da Costa da Morte.