Cee volve centrar o entroido no Sábado de Piñata

Xa está en marcha outro dos entroidos máis auténticos da Costa da Morte. Despois do éxito do Sábado de Piñata do ano pasado, o Concello repite neste Entroido 2015 cunha gran Festa e o fantástico Concurso de Carrozas e Comparsas para o sábado 21 de febreiro. Aló estaremos de xurado, un ano máis.

Antes, o día 13 hai festa de disfraces no Centro Social, e o martes 17 haberá unha festa infantil no pavillón. Pero como dicimos, o dúa grande será o sábado 21 de febreiro, co Concurso na Praza 8 de marzo, a partir das 17:00h, con 4.500€ en premios.
A comparasa gañadora, levará 750€, o 2º Premio será de 600€, o 3º de 500, o 4º de 400, o 5º de 300, o 6º de 250 e as Comparsas clasificadas do 7º ó 9º posto, se as houbese recibirían unha axuda 200 € cada unha. Ademais, a carroza gañadora levará 450€ de premio, 350 a segunda e 250 a terceira.

Seguro que as activas parroquias de Jures, Lires, ou Ameixenda, así como a xente de Terra de Sena, preparan grandes historias para esta festa siongular.

Bases

O prazo de inscrición das comparsas participantes (15 ou máis membros) estará aberto desde ás 9.00 horas do luns 2 de febreiro ata ás 13.30 horas do venres 13 de febreiro, agás os individuais e parellas que poderán facelo ata 15 minutos antes do comenzo do desfile, tratando neste último caso de facilitar unha maior participación cidadá.

Novas relacioandas

Entroido 2015

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).