A Mikaela ponse de curto

17:30 21/01/15
Xa comeza o arrecendo a entroido pola volta. E despois dunha boa cea en familia, por Buño xa andan preparando un dos enterros máis auténticos do Entroido da Costa da Morte: A Mikaela.
Impresionante foi a cita do ano pasado, e do anterior, e de todos os Vía Crucis de bares que protagoniza esta fantástica cacharela andante.
O caso é que este curso, debido ao volume de xente que vén á Mikaela cada ano, Os Amijos da Mikaela teñen que poñer algunha norma, e avisan que todas as carrozas e vehículos que participen no desfile, terán que presentar un responsable, por motivos evidentes de seguridade.
En todo caso, seguro que a festa non decae, e non, comprobádeo neste pedazo vídeo do ano pasado de Criss Becerra para a Asociación Os Amijos da Mikaela:
Novas relacionadas
- 2015: Unha gran cea para invitar á Mikaela ao Entroido 2015.
- 2015: Comeza o arrecendo a entroido polo Pindo e Fisterra.
- Entroido 2014: Unha de enterros para o End-troido.
- Entroido 2013: O Entroido costeiro viviu unha completa traca final ca Mikaela.
- Entroido 2012: A Mikaela peregrinou por todas as tabernas de Buño.
- Entroido 2011: A Mikaela, un Vía Crucis de bares.
- A historia de Caietano.
- Laxe 2009: O pobo de Laxe enterra ao Cayetano .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
