Dumbría prepara o seu certame de Comparsas dende Ardebullo


Xa non hai volta atrás. O entroido 2015 está á volta da esquina. E o Departamento de Cultura do Concello de Dumbría xa ten armado un programa cheo de risas. Volverán estar as máis grandes, as Cantareiras de Ardebullo, Mucha e Nucha, para presentar a festa e o concurso de disfraces e de comparsas, que se vai celebrar o domingo de entroido (15 de febreiro).
Vai collendo sona este concurso de comparsas, e se o ano pasado foron os de Lires os campións, veremos quen leva os grandes premios deste ano. 1000€ para a comparsa gañadora, 500 para a segunda e 300 para a terceira.
O entroido arrincará cunha Concentración de tódolos disfrazados/as ás 17:00 horas na porta do Concello. De aí, un Pasarrúas ata a Praza da Igrexa onde estará a carpa.
As comparsas deben inscribirse antes das 15.00 horas do 12 de febreiro nas oficinas municipais en horario de 8 a 15 horas.
E atentos que os interesados/as en participar na comparsa infantil/xuvenil do concello que comezamos xa coa confección dos disfraces e os ensaios. Os ensaios son os venres pola tarde no Conco.
Entroido 2015
- O Entroido de Fisterra xa ten pregoeiro.
- O Faustino e o Farruco camiñarán xuntos por primeira vez.
- Ponteceso e Corme terán unha fin de semana de Entroido de vertixe.
- A Mikaela ponse de curto.
- Unha gran cea para invitar á Mikaela ao Entroido 2015.
- Comeza o arrecendo a entroido polo Pindo e Fisterra.
Máis novas
- Entroido Dumbría 2014: O Entroido de Dumbría apostou pola risa.
- 2013: As Cantareiras de Ardebullo encheron de risas o Entroido de Dumbría.
- Entroido Fisterra 2014: A copla ten canteira no Entroido de Fisterra.
- Entroido Cee 2014: O Entroido de Cee batíu marcas de participación e retranca.