Comeza o arrecendo a entroido polo Pindo e Fisterra


Acabamos de comezar o ano e o primeiro en que pensamos é en troula. E que mellor troula que o Entroido, e xa arrecende á festa máis afiada do ano na Costa da Morte.
E polo Pindo non paran. O sábado 14 de febreiro seráo día grande, cunha festa dos Anos 60-70. O desfile de comparsas, a partir das 17:30h polas rúas da vila, será o gran momento, pero ollo, que este ano hai cea e Karaoke!! Pódense anortar tanto socios coma non socios, nos tlfnos: 661 362 991 (Cris) ou no 607 724 557 (Toño), ou mandando correo a info@pedramaropindo.org.
Xa chega o Entroido á Vila do Cristo
1.500€ levará a comparsa gañadora, 1.200 a segunda e 900 a terceira (o resto de participantes recibirán unha axuda de 300). Bos premios para o Entroido de Fisterra 2015, que terá lugar o martes 17 de febreiro de 2015. O “entroido máis tradicional da Costa da Morte” afía xa a súa lírica, para Terán que inscribirse antes do 6 de febreiro e ademais participarán tamén, como é habitual, no desfile do sábado 14.
O concurso infantil celebrarase o domingo 15 de febreiro, no pavillón municipal, e os cativos terán que inscribirse ese mesmo día entre as 16:30 e as 17:30h.

Novas relacionadas
- Unha gran cea para invitar á Mikaela ao Entroido 2015.
- Entroido 2014: Unha de enterros para o End-troido.
- Entroido 2013: O Entroido costeiro viviu unha completa traca final ca Mikaela.
- Entroido 2012: A Mikaela peregrinou por todas as tabernas de Buño.
- Entroido 2011: A Mikaela, un Vía Crucis de bares.
- A historia de Caietano.
- Laxe 2009: O pobo de Laxe enterra ao Cayetano .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).