Cee xa ten gañadores do certame poético "Mulleres do noso tempo"

Xa temos gañadores do VII concurso de poesía: “Mulleres do noso tempo”, que outorga cada ano o Centro de Información á Muller e o Concello de Cee. Un certame que promove a creatividade en clave de xénero, para seguir afondando na loita contra a lacra do machismo.

Os premios foron entregados onte, e os vencedores son os seguintes:

  • Categoría A: Yamila Lago Lema co poema “Mariñeiras, por que non?. Premio: Vale por 60€ para material escolar.
  • Categoría B: Juan Manuel Lago Vigo co poema “Sempre loitando”. Vale por 70€ para material escolar.
  • Categoría C: Tania Gómez Rodríguez, co poema “Muller das quince rosas”. Premio: Vale por 80€ para material escolar.
  • Categoría D: Darío Miranda Pastoriza, co poema “Arrastrando cadeas”. Premio: Vale por 90€ para material escolar.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).