Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Galería Mulleres celebra os seus 4 anos recuperando a historia nome a nome con Concha Blanco

A Galería Mulleres celebra os seus 4 anos recuperando a historia nome a nome con Concha Blanco
Galeria Mulleres adica o 4 aniversario a Concha Blanco

Volve á Costa da Morte a Galería Mulleres do Concello de Muxía, para adicar este mes de marzo de 2014, no seu 4º aniversario, a unha das autoras máis prolíficas da literatura galega e unha das nosas máis coñecidas escritoras. Concha Blanco (Lires, 1950), ademais de escritora e tradutora, é Profesora de Lingua Galega e Literatura, e a súa lírica infantil abre as portas da lectura a milleiros de nenos galegos.

Ela mesma o dí: "o que máis me gusta é soñar”. E realmente o seu oficio é soñar e facernos soñar a nós coas súas obras. Moitos nenos/as e adolescentes comezaron a súa andaina de lectores/as coas obras dela. Ademais é una muller comprometida, cun intenso labor a prol da cultura e lingua galegas.

E boa conta da súa visión sobre a realidade é o comezo da súa autobiografía: “No Concello de Cee hai unha aldea que se chama Lires. En Lires está a ria máis pequena de Galicia, que coa marea baixa desaparece; é unha ría con maxia. Antes da ría hai un cruceiro e preto do cruceiro está a miña casa onde nacín o 19 de xuño de 1950".

En materia de premios, Concha Blanco Recibiu numerosos, entre eles o Premio Lecturas “Galix” coa obra “Quero que veñan meus país”( 2002),o Premio de Poesía “Arume” coa obra “Cantos da Rula”( 2007), o Premio “Frei Martín Sarmiento” coa obra “Poemas para pintar” (2008), ou o Premio “Pura e Dora Vázquez” da Deputación de Ourense coa obra “Encontros ás agachadas”(2008).

Máis información

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios