Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A mocidade muxián lanza os seus vídeos pola Igualdade

A mocidade muxián lanza os seus vídeos pola Igualdade
Alumnos-do-Curso-de-Muxia

Rematou o programa de cursos de informática no marco do programa "Unha Ollada en Igualdade", que artellou o Concello de Muxía co financiamento da Deputación da Coruña. Uns cursos impartidos por Ubaldo Cerqueiro, de QPC, nos que participaron unha ducia de adultos e máis de medio centenar de alumnos.

Uns cursos que serviron para aprender a manexar as novas tecnoloxías pero sempre cun ollo na igualdalde, que ocupou, transversalmente, os temas de cada sesión.

A última sesión do 4 curso serviu para facela presentación dos vídeos realizados polos propios alumnos. Como nos contan no blog feito polos propios alumnos para os cursos, informadoreseinformadorasdemuxia.blogspot.com: Tod@s xunt@s en Igualdade, Amanda e Liñeiro foron os encangardos de presentar, coa axuda de sendos Power Point, o sentido dos vídeos realizados polos dous grupos: "Frescas vs Cracks" e "O tonto é o maltratador".

Ao remate, unha foto de familia para o recordo, mentres por Muxía se decatan da importancia de seguir formando a pequenos e maiores en materia TIC, e en materia de Igualdade.

Este foi o resultado:

Frescas vs Cracks

O tonto é o maltratador


Novas relacionadas

Comentarios