O ceense Mateo Pérez Soto foi o representante español no Seminario "Leer. Iberoamérica lee"
27 de setembro de 2021 (23:03 h.)
O alumno do IES Agra de Raíces Mateo Pérez Soto (2º BAC A), segue dando pasos no mundo da literatura, e o seu último fito foi participar como representante dos clubs de lectura de España, no Seminario internacional “Leer. Iberoamérica lee, celebrado os pasados 21 e 22 de setembro en Madrid, no marco da Feira do Libro.
Acodiu, acompañado profesora Mercedes Teijeiro, a este encontro entre profesionais da xestión lectora e da escritura, para reflecxionar sobre a lectura crítica e participar no laboratorio de ideas arredor dunha cuestión: “Existen lectores á marxe?”.
Aquí podedes ver o seminario completo:
NOVAS RELACIONADAS
- Novembro 20: Un alumno do IES Agra de Raíces obtén a mellor das notas nos premios extraordinarios da ESO ao rendemento .
- Abril 20: O alumno ceense Mateo Pérez representará a Galicia no Congreso Internacional "Leer. Iberoamérica lee”.