venres. 08.11.2024
El tiempo

O ceense Mateo Pérez Soto foi o representante español no Seminario "Leer. Iberoamérica lee"

Mateo Perez Soto no Seminario Ler da Feira do Libro de Madrid
O ceense Mateo Pérez Soto foi o representante español no Seminario "Leer. Iberoamérica lee"

O alumno do IES Agra de Raíces Mateo Pérez Soto (2º BAC A), segue dando pasos no mundo da literatura, e o seu último fito foi participar como representante dos clubs de lectura de España, no Seminario internacional “Leer. Iberoamérica lee, celebrado os pasados 21 e 22 de setembro en Madrid, no marco da Feira do Libro.

Acodiu, acompañado profesora Mercedes Teijeiro, a este encontro entre profesionais da xestión lectora e da escritura, para reflecxionar sobre a lectura crítica e participar no laboratorio de ideas arredor dunha cuestión: “Existen lectores á marxe?”.

Aquí podedes ver o seminario completo:

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios