Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O alumno ceense Mateo Pérez representará a Galicia no Congreso Internacional "Leer. Iberoamérica lee"

Arroases. Actividade do Club de Lectura
Os Arroases de Estorde, con Mateo Pérez no centro, nunha Actividade do Club de Lectura do IES Agra Raíces
O alumno ceense Mateo Pérez representará a Galicia no Congreso Internacional "Leer. Iberoamérica lee"

Este é Mateo Pérez Soto, membro do Club de Lectura, Libros Coma Area! do IES Agra Raíces de Cee. Vai en 4º da ESO pero xa nos recomenda unha lectura como “1984”, a icónica e distópica novela de George Orwell que todo moz@ debe ler durante a súa etapa de formación social.

O alumno ceense compartirá ademais os seus gustos literarios con medio mundo, pois será o representante do seu Club de Lectura no congreso internacional "Leer. Iberoamérica lee" de Madrid, no marco da Feria del Libro. Aínda non hai datas fixadas por motivos evidentes, pero xa hai programación, e o centro de ensino ceense estará presnte.

Mateo dará voz ao grupo (do curso 2018/2019) chamado os “Arroases de Estorde”, formado polo alumnado Helena García Riesgo, Lois Fraga, Miguel Ángel Iglesias García, Bianka Berenice Paula Ureña, Miguel Quintáns Xiana Lago e Mateo Pérez Soto e coordinado pola profesora Mercedes Teijeiro Gato do IES Agra de Raíces. As súas experiencias a través da rede serviron para que a Asesoría de Bibliotecas Escolares os seleccionasen para participar, en representación dos Clubs de Lectura de Galicia.

Mateo Perez Soto entre os ponentes do Ler Madrid Iberoamerica

Trátase dun encontro entre profesionais da xestión lectora e da escritura que permitirá a reflexión sobre a lectura crítica, ademais de crear un laboratorio cooperativo de ideas . A pregunta que servirá de punto de inflexión para o desenvolvemento deste evento é a seguinte: "Existen lectores á marxe?" Arredor desta inquietude, organízanse as distintas intervencións que terán lugar neste congreso: a invisibilidade das outras persoas, as voces da literatura, a lectura na sociedade superpoboada, poéticas e oralidades, outros espazos de lectura, os movementos a prol da lectura, a literatura como porta para a construción de identidades, ou os distintos lectores, lectoras e lecturas. 

Neste último bloque que estará dirixido polo escritor Freddy Gonçalves participará Mateo Pérez Soto (4º A ESO). Xunto con outras compañeiras de Uruguay, México e Brasil, Mateo, como representante dos Clubs de Lectura de Galicia, trasladará os seus coñecementos, a súa opinión e a súa experiencia sobre as lecturas e os lectores e lectoras que o movemento emerxente dos clubs de lectura está a promover.

Novas relacionadas

Comentarios