A CIG manifestouse pola readmisión de Ramos en Ferroatlántica

Concentración pola readmisión de Ramos ás portas da fábrica de Ferroatlantica en Brens
A CIG manifestouse pola readmisión de Ramos en Ferroatlántica

Despois de case 5 meses desde que fora despedido por un comentario nas redes sociais, os seus compañeiros da CIG veñen de saír á rúa para pedir a súa readmisión. Este pasado martes, medio centenar de traballadores saíron ás portas da fábrica de Ferroatlántica en Brens para pedir que a dirección da empresa readmita a este traballador.

Unha situación que coincide ademais coas novas medidas de presión que vai comezar a tomar o comité con novas concentracións cada venres do mes de maio (excepto o 17).

Novas relacionadas

Máis novas do caso #Ferroatlántica