Martes. 19.03.2024
El tiempo

Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social

Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social
Iimaxe dunha concentración do Comité da CIG ás portas de Ferroatlántica Iimaxe dunha concentración do Comité da CIG ás portas de Ferroatlántica

28 anos de traballo para a empresa, e uns comentarios nunha rede social son suficientes para xustificar un despedimento. Así están as cousas en materia laboral en Ferroatlántica, xa coa loita completamente aberta entre dirección e traballadores, e xa “con represalias en toda regla”, como recoñecen dende a CIG.

Precisamente o sindicato nacionalista é o que denuncia hoxe o despedimento dun traballador das centrais hidroeléctricas por chamarlle “delincuentes” aos xefes do grupo empresarial. Un comentario realizado a 4 días do referendo para a aprobación do convenio, nun ambiente tremendamente crispado e cheo de nerviosismo pola falta de transparencia na negociación, xa que o documento final non foi sometido á asemblea do persoal.
De feito, non valeu que o propio traballador pedira desculpas polo seu “inapropiado comentario” e mesmo borrouno da rede social, p”ero nin a liberdade de expresión nin o perdón foron suficientes para evitar un despedimento que a CIG xa anuncia que reclamará a súa nulidade.

O traballador foi delegado da CIG, por iso dende o sindicato consideran que “é unha medida de castigo contra a CIG e que a dirección busca darlle un carácter exemplarizante”. Entenden ademais que é “medida absolutamente inxustificada e desproporcionada, que hai que enmarcar na campaña de represión sindical da compañía de Villar Mir contra a CIG pola loita contra a venda das centrais hidroeléctricas, a negativa a ratificar acordo marco estatal e a impugnación da votación fraudulenta pola cal que se aprobou o convenio colectivo para as fábricas de Cee e Dumbría e das centrais que, de saír adiante, suporá modificar as condicións de traballo e un recorte dos dereitos laborais e salariais adquiridos”.

Pendentes do Acordo Marco

Mentres, o convenio aínda está sen rexistrar, pois a Xunta segue pendente do informe da Inspección de Traballo despois da reclamación, por parte da CIG, da votación na se aprobaba o Acordo Marco.

Novas relacionada

https://quepasanacosta.gal/a-cig-reclama-a-anulacion-da-votacion-na-que-se-aprobou-o-acordo-marco-en-ferroatlantica/

Máis novas do conflito #Ferroatlántica

Comentarios