Luns. 22.04.2019
El tiempo

As mobilizacións volven a Ferroatlántica trala escisión das factorías do grupo

As mobilizacións volven a Ferroatlántica trala escisión das factorías do grupo

Volven á carga os traballadores de Ferroatlántica. Apenas 10 días de parada táctica para comprobar que nin empresa nin Xunta moven novas fichas. Máis ben todo o contrario, pois os traballadores veñen de saber que a Dirección da empresa vén de publicar no BORME a escisión das factorías, para poder vender por centros e saldar as débedas contraídas polo Grupo Ferroglobe. Unha débeda que se pode achacar ás fábricas costeiras, que sempre se manteñen como as máis beneficiosas.

Ante esta situacóns o Comité Cee-Dumbría-CCHH decidía volver a realizar medidas de presión. Así o decidían o pasado 11 de abril nunha reunión, no que o Comité, por unanimidade, retoma a acción para “obter o compromiso real por parte da empresa do arranque dos nosos fornos parados”, segundo informa a CGT.

Medidas que empezarán con concentracións na fábrica de Cee todos os venres do mes de maio as 17:30 (exceptuando o venres día 17) e que se verán incrementadas ante unha negativa por parte da empresa, con folgas e outro tipo de movilizacións.

Dende Cee non entenden porque “ao centro estrela do grupo se lle paren dous fornos de Manganeso, e o centro de Boo os teña todos en marcha; algo que nos fai sospeitar dos criterios a hora de tomar determinadas decisións que afectan a este centro e os accionistas”, valoran dende a CGT. “A asesoría legal está a traballar en todo isto, ó igual que no ERTE, onde hai moitas tretas que responder”.

De novo, o Comité quere trasladar á Xunta a necesidade dunha reunión pendente dende o compromiso que adquiriu o Conselleiro de Industria Francisco Conde na última reunión, esperando que faga valer a razón da concesión das centrais Hidroeléctricas para ter os cinco fornos do centro de traballo en funcionamento. Ademais, o Comité quere trasladarlle ao Conselleiro que “as concesións hidráulicas son uniamente para facer viable a producción de ferroaliaxes e nos opoñeremos con todas as nosas forzas que nos compre unha empresa que non sexa de ferroaliaxes”.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios