A CIG manifestouse pola readmisión de Ramos en Ferroatlántica

09:32 24/04/19
A CIG manifestouse pola readmisión de Ramos en Ferroatlántica
Despois de case 5 meses desde que fora despedido por un comentario nas redes sociais, os seus compañeiros da CIG veñen de saír á rúa para pedir a súa readmisión. Este pasado martes, medio centenar de traballadores saíron ás portas da fábrica de Ferroatlántica en Brens para pedir que a dirección da empresa readmita a este traballador.
Unha situación que coincide ademais coas novas medidas de presión que vai comezar a tomar o comité con novas concentracións cada venres do mes de maio (excepto o 17).
Novas relacionadas
- 23-01-19: A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss.
- 04-12-18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social.