Comezou o Programa de Visitas Guiadas ao Museo Fernando Blanco
Este venres deu comezo o Programa de Visitas Guiadas "Fernando Blanco de Lema. O home que foi quen de ollar mais aló", organizadas en época estival dende a Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee.
Este primeiro grupo, formado por visitantes de Cee, Santiago, Pontevedra, Bilbao, Madrid, Sevilla e Murcia, coñeceu de primeira man a vida e legado do gran mecenas ceense, aproveitando para percorrer o Museo, o xardín botánico e distintas dependencias interiores do centenario Instituto que leva o nome do mecenas.
Falouse de vidas duras, de emigración, de filantropía e do legado educativo e cultural que Fernando Blanco soñou para a súa vila ao longo das mais de dúas horas que durou a visita.
Para nos foi un pracer, e só esperamos que leven unha grata lembranza desta viaxe de algo masi de dous séculos (dende o 1796, data de nacemento do fundador, ata os nosos días, pois non debemos esquecer que a súa pegada segue a latexar con forza no día a día
da nosa localidade).
As visitas seguen, sempre que se reúnan un mínimo de 10 persoas, os venres 2, 9, 23 e 30 de agosto e 6 de setembro. Podedes anotarvos no propio Museo Fernando Blanco, no teléfono 981.747.221 ou no correo fundacioncee@hotmail.com.