mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Museo da Fundación Fernando Blanco abre as portas cunha serie de visitas guiadas

Visitas Museo Fernando Blanco de Cee
Visitas Museo Fernando Blanco de Cee
O Museo da Fundación Fernando Blanco abre as portas cunha serie de visitas guiadas

A Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee pon en marcha, de cara a tempada estival, o programa de visitas guiadas “Fernando Blanco de Lema. O home que foi quen de ollar mais aló”.

Nas visitas farase un percorrido guiado polos fondos expostos no Museo dando a coñecer a figura do prócer ceense e a importancia do seu legado para o desenvolvemento educativo e cultural de Cee e contorna, para logo visítalo xardín botánico e dependencias interioresa do Instituto Fernando Blanco de Cee (capela, sala de profesores, biblioteca, despachos, laboratorios e torre do reloxo).

Desenvolveranse nos seguintes días:

  • Xullo: venres 26.
  • Agosto: venres 2, 9, 23 e 30 .
  • Setembro: venres 6.

O horario de inicio de cada visita será as 10:30 horas no Museo Fernando Blanco de Cee, e terán unha duración aproximada de 90-120 minutos.

Será preciso inscribirse previamente ou ben no propio Museo, no teléfono 981.747.221 ou no correo fundacioncee@hotmail.com.

Comentarios