De Domingo Antonio de Andrade a Fernando Blanco de Lema

Seguimos coñecendo de preto a historia da Costa da Morte a través dos seus nomes máis relevantes. As efemérides, convertidas en grandes programas culturais, serven para recuperar o fío da historia, e o traballo en Cee con figuras como Domingo Antonio de Andrade ou Fernando Blanco de Lema, son bos exemplo.
A semana pasada o armadanzas Víctor Castiñeira abría a serie de conferencias sobre o arquitecto, que esta fin de semana continúa Juan Creus facendo un repaso pola súa arquitectura. Un Castiñeira co que tamén podemos coñecer a historia de Andrade a través do seu Especial "Que pasou na Costa".

Unhas actividades que se poden completar visitando, en Santiago, o Museo do Pobo Galego, onde manteñen unha exposición sobre o mesmo. Tamén poden descargar a última páxina informativa sobre Domingo Antonio de Andrade da man de Chisco Naval.

Volve Fernando Blanco de Lema

Pero hoxe centramos a actividade cultural na figura de Fernando Blanco, pois estes 27 e 28 de outubro de 2012, se celebran os Actos do 216 Aniversario do nacemento do mecenas ceense, artellados pola súa fundación.

Sábado 27 de outubro

  • 11:00 horas: Recepción de asistentes.
  • 11:25 horas: Ofrenda floral no sepulcro onde repousan os restos do fundador.
  • 11:30 horas: Misa na honra de D. Fernando Blanco de Lema e dos ex–alumnos e ex–profesores do centro. Ao remate da misa, concerto da Banda de Música de Cee no Salón de Actos do Instituto.
  • 21:00 horas: “Hola, veño do futuro”. Monólogo do actor Antón Coucheiro “COU”. Entrada libre no Salón de Actos do Concello.

Domingo 28 de outubro

  • Planetario Portátil 5 Sesións (11:30 / 12:30 / 16:00 / 17:00 / 18:00 horas). Xa están entregadas todas as invitacións.
  • 19:00 horas: “Contacontos da Natureza” a cargo da compañía Duende Sico. Entrada libre.

Novas relacionadas

Outras novas

Especial Domingo Antonio de Andrade, con Víctor Castiñeira

Fonte

  • Fundación Fernando Blanco de Lema.