Venres. 29.03.2024
El tiempo

Coñecendo polo miúdo a Domingo Antonio de Andrade

Coñecendo polo miúdo a Domingo Antonio de Andrade
Víctor Castiñeira abriu o ciclo de Conferencias sobre Antonio Domingo de Andrade

Xa está a cen por cen o programa cultural artellado polo Concello ceense polo tricentenario do pasamento do arquitecto Domingo Antonio de Andrade. A exposición xa está sendo xa visitada por escolares e adultos, e esta fin de semana, o verdadeiro armadanzas, o técnico de cultura ceense, o historiador e colaborador QPC, Víctor Castiñeira, abría a serie de conferencias que se realizarán sobre a figura.

Na conferencia Castiñeira abordou o contexto socioeconómico da Penónsula Ibérica no século XVII, con referencias ós levantamentos en Cataluña e Portugal, conflito este último no que tamén participou indirectamente Andrade acudindo a fortificar os castelos fronteirizos no sur de Galicia.

Falou do barroco, coas características propias en Galicia, sendo Andrade unha das figuras principais. E fixo un percorrido pola vida de Andrade con referencias á sua familia en Cee e á súa dona Isabel de Areas, veciña de Corcubión e finalmente abordouse a vida no Cee do século XVII e primeiros anos do XVIII con referencias á división dos territorios, as actividades mercantís, a evolución da poboación e a relixisiosidade, poñendo o acento nos comportamentos sociais dos fieis, do clero e das confrarías, cun seguimento especial da de San Sebastián e Ánimas, por ser a máis importante da vila de Cee.

Para os que non puideron acodir, podedes seguir os artigos do propio Castiñeira no Que pasou na Costa, que estamos en pleno especial Domingo Antonio de Andrade.

Visitas á exposición

Visita á exposición de Domingo Antonio de Andrade do Colexio Eugenio López

Precisamente xa comenzaron as visitas guiadas para escolares da exposición sobre Domingo Antonio de Andrade en Cee (poden ver a Guía para visitala). Varias clases de primaria do colexio Eugenio López asistiron esta mañá a unha doble sesión. Primeiro tiveron unha clase didáctica sobre a figura de Andrade a través dunha proxección audiovisual preparada polo historiador e tecnico ceense, Víctor Castiñeira, para de seguido visitar a exposición conmemorativa do tricentenario, sita no Museo Fernando Blanco.

Especial Domingo Antonio de Andrade, con Víctor Castiñeira

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios