Venres. 19.04.2024
El tiempo

Máis dun ano de actividade na Fundación Fernando Blanco

Máis dun ano de actividade na Fundación Fernando Blanco
3-dos-membros-do-Padroado-da-Fundación-Chelo-Trillo-Zaira-Rodríguez-e-Darío-Areas

Se onte coñeciamos o programa de actos polo Tricentenario do pasamento de Domingo Antonio de Andrade, hoxe imos ata a Fundación Fernando Blanco de Lema (agardamos seguir recuperando os seus Tesouros en breve) para coñecer o novo programa de actividades culturais, que durará ata decembro do 2013 tras firmar un convenio coa Deputación.

Un ambicioso programa de becas, exposicións, actos... que roza os 25.000€ de orzamento, dos que a Deputación aporta o 80%.

Actividades deste ano

  • Becas Fernando Blanco Curso 2011-2012. Distribuiranse 5 becas, por valor de 500 € cada unha delas, destinadas a premiar a 5 dos mellores expedientes académicos do curso 2011-2012 do IES Fernando Blanco de Cee. Estas becas foron entregadas o pasado 8 de setembro.
  • Clases de reforzo educativo para os máis necesitados (dende o mes de outubro). Continuando co espíritu da Fundación de Blanco de Lema preocuparse pola correcta formación dos máis necesitados, facilítaranse clases de reforzo educativo a 20 nenos/as da ESO dos centros educativos de Cee. A selección dos mesmos realizarase atendendo ao nivel socio-económico pouco favorable das súas familias e as serias dificultades de aprendizaxe dos rapaces seleccionados. Dita selección será realizada polos servizos sociais do Concello de Cee en contacto cos orientadores dos centros educativos ceenses onde se imparte a ESO.
  • Actos do 216 Aniversario do nacemento de D. Fernando Blanco de Lema. Ditos actos celebraranse os días 27 e 28 de outubro de 2012.
  • Exposición. No mes de decembro realizarase no Museo Fernando Blanco unha exposición temporal dalgún artista local. A temática aínda non está confirmada.

Actividades do 2013

  • Clases de reforzo educativo para os máis necesitados.
  • Actos do 138 Aniversario do pasamento de D. Fernando Blanco de Lema. A realizar no mes de abril de 2013.
  • Restauración de fondos.
  • Exposición temporal da Fundación.
  • Concurso literario Fernando Blanco. Concurso destinado aos centros educativos da comarca, sobre o tema da emigración.
  • Becas Fernando Blanco Curso 2012-2013. Distribuiranse 5 becas, por valor de 500 € cada unha delas, destinadas a premiar a 5 dos mellores expedientes académicos do curso 2012-2013 do IES Fernando Blanco de Cee.
  • Actos do 217 Aniversario do nacemento de D. Fernando Blanco de Lema. A realizar en outubro de 2013.

Tesouros da Fundación

Novas relacionadas

Artigos sobre Fernando Blanco de Lema

Outros artigos de Darío Areas

Máis información

Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.

Fonte

Comentarios