Denuncian as eternas inundacións do lugar de Lires

Imaxes das inunciacións desta semana

Un ano máis.o lugar de Lires sobre problemas cas inundacións. O mal funcionamento da depuradora, e a falta de separación entre as redes de augas fecais e pluviais (dous males que se retroalimentan), fai que cada vez que haia unha tromba de auga, haia problemas graves.

Así acontece, como denuncia o BNG local, nun alpendre que está situado ao outro lado da depuradora, cada vez que esta non soporta o sobre caudal. "Queda totalmente inundado e inservible, e ao remate das choivas presenta un aspecto lamentable, con barro e resíduos fecais que deberían estar na EDAR e non nunha propiedade privada".

Ademais diso, os camiños privados que serven de entrada a vivendas cercanas, quedan cheas de resíduos (produtos de hixene) que baixan polas tubaxes e que en condicións normais pararían na reixa de entrada.

"Estas situacións producense porque a EDAR non é quen de soportar o aumento de caudal, pero tamén a que debido ao arrastre de toda a materia que poida haber nas tubaxes, a reixa de entrada tapónase rapidamente, o que provoca a derivación da auga do seu curso natural.
O taponamento da reixa, e a imposibilidade da estación depuradora de soportar tal aumento de caudal, provoca que toda a auga sobrante rebose e saia polo arqueta sita no medio da vía".

O BNG propón a colocación dunha reixa automática ou un aliviadeiro, pero dende o BNG consideran que "a solución definitiva aos problemas da Edar de Lires, e con toda seguridade a contaminación da ría, pasa porque se actúe na separación de augas pluvias e residuais". En calquera caso, "como sabemos que esa obra non vai ser inmediata, desde o BNG ofrecemos esta solución mais rápida e económica para deixar, dunha vez por todas, de perxudicar a veciñanza dona das propiedades cercanas a estación depuradora".