Enésimo atropelo na Avenida Fisterra de Cee

Imaxe de arquivo dun atropelo na Avenida Fernando Blanco

Esta tarde de luns 3 de febreiro rexistrouse un novo atropelo na Avenida Fisterra de Cee, diante da Renault. Trátase dun dos puntos negros máis perigosos da zona.

Unha muller duns 50 anos, dunha coñecida familia ceense foi atropelada, ficando ferida tivo que ser trasladada en ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Máis atropelos na Avda. Fernando Blanco de Cee

Máis novas