Enésimo atropelo na Avenida Fisterra de Cee

21:16 03/02/25
Esta tarde de luns 3 de febreiro rexistrouse un novo atropelo na Avenida Fisterra de Cee, diante da Renault. Trátase dun dos puntos negros máis perigosos da zona.
Unha muller duns 50 anos, dunha coñecida familia ceense foi atropelada, ficando ferida tivo que ser trasladada en ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira.
Máis atropelos na Avda. Fernando Blanco de Cee
- Abril 24: Atropelan a un pai e a súa filla de 7 anos en Cee.
- Novembro 23: Un novo atropelo na Avda. Fernando Blanco.
- Marzo 21: Novo atropelo, desta volta a un neno, en Cee.
- Novembro 19: Unha muller de avanzada idade foi atropelada en Cee.
- Novembro 18: Segundo atropelo nunha semana en Cee e terceiro na zona.