As entidades sociais da comarca celebran este mércores en Cee os seus 10 anos Baixo o mesmo Paraugas
Cúmprense 10 anos da iniciativa "Baixo o mesmo paraugas", que organiza concentracións por toda Galicia para reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade. Este ano, baixo o lema Somos #Xente10 póñense en valor as súas capacidades e os seus dereitos.
Así, na nosa coamrca, as Aspadex, Apem, SAT Costa da Morte, Asociación galega de Ataxias, Afafes, Plataforma Reisenhores e Asociación Paseniño convocan a unha concentración este mércores, 3 de Decembro,ás 12:00 hrs na Praza 8 de Marzo en Cee, na que desplegarán os seus paraugas, exporán as súas reivindicacións e farán lectura do manifesto “Baixo o mesmo paraugas” 2025.
Dende as entidades convocantes animan á cidadanía a acompañarnos, p"orque o máis valioso dunha sociedade é que todos somos diferentes , pero xuntos acadaremos un futuro mellor e sen discriminicacións".