Fernando Paredes presenta o seu Premio Galaxia en Cee

Fernando Paredes presenta O lanzador de Coitelos en Cee

Este xoves 17 de xullo, celebrarase, ás 20:30 h, na Alameda de Cee, a presentación do Premio Galaxia de Novela do 75 aniversario da editoria. E o gañador non é outro que o noso Fernando Castro Paredes pola súa obra "O lanzador de coitelos". O mestre no IES Fernando Blanco cumple 50 anos, os mesmos que o propio concurso, creado en 1975 nunha edición gañada por Carlos Casares.

A premiada novela parte dos códigos do thriller máis clásico para transcender o xénero cunha estrutura sofisticada e sedutora. A trama permitirá expoñer con eficacia un mundo de personaxes de identidades duplicadas e antagónicas.

Unha obra que nos fala sobre a liberdade e a memoria, sobre o fracaso e a corrupción humanas e, tamén, sobre esa busca que emprendemos para descubrir quen verdadeiramente somos: vítimas ou verdugos. 

Máis novas