Venres. 29.03.2024
El tiempo

Fernando Castro Paredes volve gañar un dos os Premios de Literatura Dramática

      O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participan no acto no que se anunciarán os gañadores dos premios literarios no eido dramático convocados pola Xunta de Galicia: XXVI Álvaro Cunqueiro, XII Manuel María e XV Barriga Verde.
    Fernando Castro Paredes, cuarto pola dereita, na entrega de premios celebrada no Salón Teatro
    Fernando Castro Paredes volve gañar un dos os Premios de Literatura Dramática

    Volveuno facer. Fernando Castro Paredes volveu levar, como en 2019, un dos Premios de Literatura Dramática da Xunta de Galicia. O O mestre do IES Fernando Blanco acodía esta mañá ao Salón Teatro de Santiago para recoller o XXVI Álvaro Cunqueiro para textos teatrais co monólogo ‘O traxe’ e Ana Carreira obtivo o XII Manuel María de literatura dramática infantil por ‘Nin me amoles’.

    Este ano presentáronse 48 obras ao galardón máis lonxevo de Galicia no seu eido, que ten unha dotación de 8.000 euros. Ademais, as bases recollen a posibilidade de que as obras sexan publicadas dentro das coleccións de literatura dramática que a Xunta mantén con Edicións Xerais e Baía Edicións.

    O xurado valorou o “humor negro” desprendido pola obra do mestre e autor de varias obras levadas adiante polo grupo Farándula Velutina, ademais da “textualidade contemporánea excelentemente estruturada e dotada dun interesante ritmo, así como dun inquietante humor negro, e onde por medio de recursos dramáticos e expresivos se nos presenta un personaxe representativo da complexa sociedade europea contemporánea”.
    Así mesmo, o xurado considerou formal e tematicamente “enriquecedora” a posible posta en escena deste texto, no que un home moi enfermo regresa á súa casa tras unha penosa estadía no hospital e escapa do control familiar para levar a cabo un proxecto inaprazable: mercar un traxe novo.

    Ademais de Castro Paredes, Eva Mejuto, con ‘Os contos do Lobicán’, e José Luis Baños de Cos, con ‘Nas nubes’ foron recoñecidos co XVI Barriga Verde para teatro de monicreques nas súas modalidades para público infantil e para adultos, respectivamente.

    Novas relacionadas

    Comentarios