Fumes do Cal preparan o Nadal de Ameixenda
23 de decembro de 2021 (08:40 h.)
A activa Asociación S.D.C.R. Fumes do Cal presenta o seu programa de Nadal para a parroquia ceense de Ameixenda. O venres 24, a Casa da Cultura acollerá unha xornada de animación para a rapazada durante toda a mañá, que ademais permitirá conciliar, facer as compras ou preparar a cea de noiteboa.
O venres 31, hai festa infantil de findeano, durante toda a mañá, con desfile elegante, badaladas…
E o xoves 6 de xaneiro, as súas maxestades percorrerán a vila dende as 10:15.
Novas relacionadas
- Un Nadal de compras e actividades no Centro Comercial Finisterrae.
- A árbore de Nadal, veciñal e reciclada, de Lires.
- Stoupa propón un cento de agasallos “made in #CostadaMorte” para este Nadal.