Fumes do Cal preparan o Nadal de Ameixenda

08:40 23/12/21
A activa Asociación S.D.C.R. Fumes do Cal presenta o seu programa de Nadal para a parroquia ceense de Ameixenda. O venres 24, a Casa da Cultura acollerá unha xornada de animación para a rapazada durante toda a mañá, que ademais permitirá conciliar, facer as compras ou preparar a cea de noiteboa.
O venres 31, hai festa infantil de findeano, durante toda a mañá, con desfile elegante, badaladas…
E o xoves 6 de xaneiro, as súas maxestades percorrerán a vila dende as 10:15.