Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Stoupa propón un cento de agasallos “made in #CostadaMorte” para este Nadal

Galeria Stoupa Agasallos Nadal
Stoupa propón un cento de agasallos “made in #CostadaMorte” para este Nadal

Non poderá realizar o xa tradicional brindis de Nadal. Pero a Galería Stoupa quere aproveitar para lanzarnos a posibilidade de realizar compras responsables para os agasallos destas festas. Por iso xa ten aberta a exposición #Stoupidos2021.

"Stoupidos" é o título da tradicional mostra colectiva que a tenda-galeria ceense celebra todos os anos polo Nadal e que lembra as obras expostas durante todo o ano, ao mesmo tempo que mostra unha ampla oferta de agasallos do Nadal, sempre coa firma de autores da #CostaDaMorte.

#Stoupidos2021 xa se pode visitar na Tenda-Galería de Cee, para poder gozar da arte de Ali Vava, Xose Iglesias, Catro Raposos,Marcos Rodriguez, Llou, Gypsea ou Xoanxo Cespón, así como dunha ampla oferta de paquetes regalo de Nadal, que nos convidan a que nestas datas podamos regalar arte, artesanía ou emprendemento con denominación de orixe #CostaDaMorte.

Novas relacionadas

Comentarios