A árbore de Nadal, veciñal e reciclada, de Lires

07:39 14/12/21
Son moitas as iniciativas de Nadal artelladas polos Concellos e poucas polas Asociacións. Por Lires é a Asociación Pedras Miúdas a que dá cor a este Nadal, pensando ademais no consumo responsable, na reciclaxe. Faino cunha iniciativa de facer unha árbore de Nadal reciclada.
Convocaron á veciñanza a levar algún elemento para colgar na árbore feito coas mans e con material reciclado.