O IES Fernando Blanco énchese de teatro coa Semana das Artes Escénicas

Os mestres Marina Gómez e Fernando Castro Paredes, directores do grupo Tuéjele Teatro

Seguimos recollendo as actividades dos nosos activos centros de ensino. E desta volta facemos fincapé na III Semana das Artes Escénicas do IES Fernando Blanco que se celebra do 14 ao 21 de maio.

Un proxecto artístico que se desenvolve no centro ceense grazas ao traballo que está a facer, desde fai anos, o profesorado do Departamento de Lingua castelá, Marina Gómez Pose e Fernando Castro Paredes, dirixindo o grupo de teatro "Tuéjele", integrado por alumnado do centro.

Ademais de "Tuéjele", que estrea a obra Magnetismo, representarán as súas obras "Farándula Velutina", xérmolo de "Tuéjele", e Teatro das Maniotas, do IES de Brión, que sempre nos deleita cos seus musicais.

Pero na Semana só hai espazo para teatro escolar. Manuel Cortés presentará a súa comedia poética O último home.
O martes 19 e o xoves 21 de maio, ás 19:00 horas, representarán as súas obras a Escola de Teatro da Coruña Casahamlet e a Escola Municipal de Teatro de Corcubión, respectivamente. As sesións da tarde están abertas ao público.

Máis actividades dos centros