Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O IES Fernando Blanco recolle o 1º Premio de Boas prácticas de educación inclusiva polo proxecto Tuéjele Teatro

Fernando Castro e Chelo recollendo o premio ao IES Fernando Blanco
Fernando Castro e Chelo Trillo recollendo o premio
O IES Fernando Blanco recolle o 1º Premio de Boas prácticas de educación inclusiva polo proxecto Tuéjele Teatro

Xa o pasado novembro coñecíamos a fantástica nova. Pero non foi ata este 25 de abril cando os responsables do IES Fernando Blanco acodiron á Cidade da Cultura para recoller o 1º premio de Boas prácticas de educación inclusiva do curso 2022/23 polo seu proxecto Tuéjele Teatro, n proxecto de educación inclusiva a través das artes escénicas.

Recolleron os premios Fernando Castro Paredes, coordinador do proxecto premiado no presente curso e a directora do centro, Chelo Trillo Lago, quen foi a persoa elixida en representación dos centros de secundaria para agradecer a recepción dos premios e tamén falou de como o centro ceense foi desde a súa fundación, en 1886, un exemplo de educación inclusiva porque ofrecía ensino gratuíto a todos os nenos e nenas de Cee e a súa contorna e permitiu a moitas persoas sen recursos económicos poder acceder a unha formación que doutra forma non se poderían permitir.

Así mesmo foille entregado o accésit correspondente ao ano 2021 (que non se puido entregar no seu momento debido á pandemia) correspondente ao proxecto "O saber ten premio" no IES Fernando Blanco.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios