Martina Cambeiro repite Premio María Casares

Maria Cambeiro recibe outro Premio Maria Casares 2020 con Talia Teatro

Tiñamos 5 candidaturas costeiras para estes XXIV Premios María Casares 2020. Pero finalmente só volve con “estatuilla” a ceense Martina Cambeiro, co Premio María Casares de maquillaxe polo seu traballo en ‘Vida de Cans’, de Talía Teatro. Foi o único galardón, das 4 candidaturas que levaba a compañía ceense.
Martina, que repite o premio do ano pasado agradecedeu “a quen considere que o merece”, e por suposto “a todos os de de Talía”. Ademais, recoñeceu que coñecer as personalidades de cada un dos personaxes axuda a darlles unha personalidade singular coa maquillaxe.


Artur Trillo, Toño Casais e Dani Trillo son os protagonistas de Vida de Cans

Quedaron ás portas dun novo premio Víctor Mosqueira e Santi Romay, pois o Mellor Actor Secundario foi para Josito Porto, por MedidaxMedida (Producións Teatráis Excéntricas-FIOT).

Os galardóns foron resoltos pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia do seguinte xeito:

  • Maquillaxe: Martina Cambeiro por Vida de Cans (Talía Teatro)
  • Vestiario: Carlos Pinilla por Despois das ondas (ButacaZero)
  • Iluminación: Laura Iturralde, O empapelado amarelo (A Quinta do Cuadrante)
  • Escenografía: Marta Pazos, Neorretranca e posmorriña (Centro Dramático Galego)
  • Música orixinal: Lucía Aldao por Liberto (Rebordelos)
  • Texto Orixinal: Jose Prieto por Bernarda (Malasombra Producións)
  • Adaptación-tradución: María Peinado por O meu mundo non é deste reino (Teatro da Ramboia) Actor secundario: Josito Porto, por MedidaxMedida (Producións Teatráis Excéntricas-FIOT)
  • Actriz secundaria: Celia González por Bernarda (Malasombra)
  • Actor Protagonista: Machi Salgado por Idiota (Redrum Teatro)
  • Actriz protagonista: Rocío González por Liberto (Rebordelos)
  • Dirección: Jose Prieto por Bernarda (Malasombra) e María Peinado por O meu mundo non é deste reino (Teatro da Ramboia)
  • Espectáculo infantil: Umm! Unha comedia musical para chupar os dedos, de Avento Teatro.
  • Espectáculo: Bernarda, de Malasombra.

Así foi a singular entrega:

A vicepresidenta da AAAG, Mónica García enfatizou nos cambios destes últimos tempos. “Vaia todo por facer da cultura unha actividade segura para o público, pero a seguridade da cultura debe incluír tamén a das súas traballadoras e traballadores”.

Ademais, Flor Maceiras recibiu o Premio de Honra Marisa Soto.

Todo nunha Gala coa intervención de Isabel Risco, que convertiu o berro “Ei Carballeira” nun “Ei Teatreiras” lendo o Manifesto polo Día Mundial do Teatro.

 

Os #MaríaCasares