Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Talía Teatro lembrou os 40 anos do teatro profesional na Gala dos XXII Premios de Teatro María Casares

Talía Teatro lembrou os 40 anos do teatro profesional na Gala dos XXII Premios de Teatro María Casares
Talia Teatro na Gla dos Premios Maria Casares 2018-Foto-La Diapo-AAAG Talia Teatro conducindo Gala dos Premios Maria Casares 2018-Foto-La Diapo-AAAG

Toda unha honra para Talía Teatro ser a condutora da gran noite do teatro galego. A Gala dos XXII Premios de Teatro María Casares tivo máis acento costeiro ca nunca, coa presentación da man da nosa eterna compañía que aproveitou a ocasión para repasar a historia dos 40 anos do teatro profesional en Galicia. Dirixida por Artur Trillo, a gala fixouse naquelas obras do ano 78 que fixaban as primeiras estruturas do teatro profesional en Galicia, servidno como base para facer unha viaxe en clave de humor que tamén servise para rirse de si mesmos, desas cousas intrínsecas dun sector tan activo como o da escea galega.

En clave de premios, a Costa da Morte, este ano, só pode gabarse do Mellor Actor Secundario, que gañou o cormelán Víctor Mosqueira, por “A cabeza do Dragón”, de producións Teatrais Excéntricas.

Victor Mosqueira Premio ao Mellor Actor Secundario dos Maria Casares 2018 Victor Mosqueira, Premio ao Mellor Actor Secundario dos Maria Casares 2018

Xa podedes consultar todos os galardóns na web da organizadora AAAG, quedando moi repartidos, con varios espectáculos (Resaca, de ilMaquinario Teatro; Elisa e Marcela, de A Panadaría; e A cabeza do dragón, de Producións Teatráis Excéntricas) recibindo 4 premios María Casares cada un.

Houbo aínda algunha gheada máis durante a gala coa lectura do Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro por parte da ceesa María Lado e a súa compañeira de andainas Lucía Aldao. O dúo artístico Aldaolado deixaron claro que “o teatro é a República da liberdade”.

Maria Lado e Lucia Aldao na Gala dos Maia Casares 2018 Maria Lado e Lucia Aldao lendo o Manifesto do Teatro Galego na Gala dos Maia Casares 2018

40 anos do teatro galego = 30 anos de Talía

A Gala, que se desenvolveu no Teatro Rosalía da Coruña, contou ademais co acompañamento musical do Coro do Encaixe. Os protagonistas que levaron o peso do espectáculo foron os actores costeiros Toño Casais, María Ordóñez, Marta Lado, Diego Rey, Rubén Prieto, Marta Ríos, Xurxo Barcala e Dani Trillo, quen tamén se encargou do deseño da escenografía.

A resposta do público foi unánime ante a dinámica condución da Gala, e todos loubaron o traballo da compañía costeira. Foi unha fermosa maneira de cumplir 30 anos. Parabéns Talía!.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis novas audiovisuaus

Fonte

Comentarios