Martina Cambeiro repite Premio María Casares

Tiñamos 5 candidaturas costeiras para estes XXIV Premios María Casares 2020. Pero finalmente só volve con “estatuilla” a ceense Martina Cambeiro, co Premio María Casares de maquillaxe polo seu traballo en ‘Vida de Cans’, de Talía Teatro. Foi o único galardón, das 4 candidaturas que levaba a compañía ceense.
Martina, que repite o premio do ano pasado agradecedeu “a quen considere que o merece”, e por suposto “a todos os de de Talía”. Ademais, recoñeceu que coñecer as personalidades de cada un dos personaxes axuda a darlles unha personalidade singular coa maquillaxe.
Artur Trillo, Toño Casais e Dani Trillo son os protagonistas de Vida de Cans
Quedaron ás portas dun novo premio Víctor Mosqueira e Santi Romay, pois o Mellor Actor Secundario foi para Josito Porto, por MedidaxMedida (Producións Teatráis Excéntricas-FIOT).
Os galardóns foron resoltos pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia do seguinte xeito:
- Maquillaxe: Martina Cambeiro por Vida de Cans (Talía Teatro)
- Vestiario: Carlos Pinilla por Despois das ondas (ButacaZero)
- Iluminación: Laura Iturralde, O empapelado amarelo (A Quinta do Cuadrante)
- Escenografía: Marta Pazos, Neorretranca e posmorriña (Centro Dramático Galego)
- Música orixinal: Lucía Aldao por Liberto (Rebordelos)
- Texto Orixinal: Jose Prieto por Bernarda (Malasombra Producións)
- Adaptación-tradución: María Peinado por O meu mundo non é deste reino (Teatro da Ramboia) Actor secundario: Josito Porto, por MedidaxMedida (Producións Teatráis Excéntricas-FIOT)
- Actriz secundaria: Celia González por Bernarda (Malasombra)
- Actor Protagonista: Machi Salgado por Idiota (Redrum Teatro)
- Actriz protagonista: Rocío González por Liberto (Rebordelos)
- Dirección: Jose Prieto por Bernarda (Malasombra) e María Peinado por O meu mundo non é deste reino (Teatro da Ramboia)
- Espectáculo infantil: Umm! Unha comedia musical para chupar os dedos, de Avento Teatro.
- Espectáculo: Bernarda, de Malasombra.
Así foi a singular entrega:
A vicepresidenta da AAAG, Mónica García enfatizou nos cambios destes últimos tempos. “Vaia todo por facer da cultura unha actividade segura para o público, pero a seguridade da cultura debe incluír tamén a das súas traballadoras e traballadores”.
Ademais, Flor Maceiras recibiu o Premio de Honra Marisa Soto.
Todo nunha Gala coa intervención de Isabel Risco, que convertiu o berro “Ei Carballeira” nun “Ei Teatreiras” lendo o Manifesto polo Día Mundial do Teatro.
Os #MaríaCasares
- 2020: 5 candidaturas costeiras para os María Casares.
- 2019: Os Premios María Casares traen tres galardóns para a Costa.
- 2018: Talía Teatro lembrou os 40 anos do teatro profesional na Gala dos XXII Premios de Teatro María Casares.
- 2017: Acento costeiro nos Premios María Casares do teatro galego.
- 2016: Unha manchea de artistas da Costa da Morte nas pre candidaturas aos Premios #MaríaCasares e #MestreMateo.
- María Casares 2015: Xurxo Borrazás celebrou o Día do Teatro nos Premios María Casares.
- MaríaCasares 2014: Os MaríaCasares convertíronse nun furancho por Pico.
- María Casares 2013: Os mellores actores de Galicia son da Costa.
- María Casares 2012: Talía Teatro e Vicente de Souza traen dous novos premios á Costa duns María Casares máis reivindicativos ca nunca.