Mateo Pérez, do IES Agra de Raíces, gaña as Olimpíadas de Física na UDC

Foi o representante español no Seminario "Leer. Iberoamérica lee”, pero tamén lle pega ás ciencias. O alumno do IES Agra Raíces de Cee, Mateo Pérez (2º Bacharelato) acadou o primeiro posto na fase autonómica das Olimpíadas de Física, celebradas o venres, 4 de marzo, na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

Dende o centro non poden deixar de expresar “os seus máis efusivos parabéns” a Mateo Pérez por lograr este galardón que lle brinda o pase directo á fase nacional.

Un galardón que tamén ten outro alicerce importante, María José Pena, a xefa do departamento de Física e Química e preparadora de Mateo. Ambos compartiron longas horas de traballo e formación, que terán continuación na seguinte aventura á que se inscribiu a Olimpíada de Química, que terá lugar hoxe venres, 18 de marzo!

Trátase dun merecido recoñecemento ao tesón co que o noso alumno se enfronta a cada materia, na procura dunha excelencia que demostra a diario nas aulas”, explica orgulloso o centro directivo. “Noraboa, Mateo, por este éxito sen precedentes, produto da brillantez, a forza de vontade, o esforzo e o traballo constantes que demostras ante cada reto! O IES Agra de Raíces non pode estar máis orgulloso de ti!”.

Novas relacionadas