O Mes da Fundación arrincou a sección para centros escolares

  • O concerto comentado de Abraham Cupeiro foi un "momento máxico"

Ademais de falar de mar, o rico programa do Mes da Fundación Fernando Blanco comezaba tamén a semana coas sesións para os centros escolares de Cee.

A primeira cita foi co Contacontos "Pipo, o paxaro que non sabía voar", impartido por Trémola Teatro, á que puideron asistir o alumnado do CEIP Eugenio López, CPR Manuela Rial, CEIP A Igrexa de Brens, EEI da Pereiriña e @s amig@s da Asociación ASPADEX.

Concerto comentado

 O vivido na Casa da Cultura de Cee o sábado, co Concerto Comentado "Resoando no pasado" de Abraham Cupeiro foi un momento máxico, deses que desexas que nunca remate.
Mestría, talento, traballo, comunicación, humor, perfecta sintonía cun público entregado, proximidade, .....
Abraham fixo un percorrido pola historia dende tempos remotos ata a actualidade, valéndose dunha espectacular colección de instrumentos musicais descoñecidos para a maioría dos que alí estábamos, moitos dos cales el mesmo elaborou a través dun profundo traballo de investigación.

O programa do Mes da Fundación.