Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Rogelio Santos loubou a riqueza do noso mar na apertura do Mes da Fundación

Rogelio Santos en Cee
Rogelio Santos loubou a riqueza do noso mar na apertura do Mes da Fundación

Este pasado sábado deuse inicio á 9ª Edición do programa O Mes da Fundación Fernando Blanco de Lema, e non se puido facelo de mellor maneira. O auditorio da Casa da Cultura encheise para escoitar as cousas salgadas de Rogelio Santos Queiruga, mariñeiro natural do Concello de Porto do Son, un dos grandes divulgadores da riqueza da nosa fauna acuática a través das redes.

Dende ben pequeno Rogelio sentiu a chamada do medio mariño, aprendendo o oficio de familiares e veciños que traballaron e traballan por xerar progreso respectando o entorno no que viven.

Nos últimos anos, Rogelio é moi popular nas redes sociais nas que amosa a súa paixón polo mar, a defensa dunha pesca sostible e o coidado do planeta. A forma de ser e de pensar que comparte nas redes é froito do que mamou no seu entorno, posto que na súa educación tivo un peso capital o respecto e o coidado do medio mariño.

A conferencia foi unha louvanza á nosa terra, á xente mariñeira, e á importancia de que se coñeza de onde vimos, o que somos e o valor que temos. “Temos nas nosas mans un tesouro, un mar produtivo que podemos aniquilar ou facer que siga alimentándonos a nos e as xeracións vindeiras. De nós depende”, deixou claro durante a charla.

Dende a Fundación queren destacar a humildade e proximidade do seu primeiro convidado, así como agradecerlle o interese na figura de Fernando Blanco de Lema e do seu legado, pois inteserouse en coñecer o museo e o xardín e quedou marabillado.

Rogelio Santos Queiruga conferencia

O programa do Mes da Fundación.

Comentarios