A muralista Ana Santiso deixou a pegada do proxecto en feminino do Club de Letras no patio do IES Agra Raíces

Ana Santiso deixou este mural para o Club de Letras do IES Agra de Raíces

A icónica fotograía de Ruth Matilda Anderson das mulleres atravesando o Pindo cos cestos de peixe na cabeza, foi a imaxe escollida pola muralista Ana Santiso, para deixar a súa pegada no IES Agra Raíces.

O Club de Letras do ceense escolleu o patio para que o legado do proxecto “Mulleres nas Artes”, quede na lembranza de toda a comunidade escolar.

Un “Club de Letras” que se define como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación, a través dunha visión transversal e interrelacionada das manifestacións literarias e artísticas.
O equipo, coordinado pola profesora Mercedes Teijeiro do departamento de inglés, estivo formado por Mirta Pequeño do departamento de plástica; Eduardo Louredo do departamento de lingua e literatura galega; Montserrat Vila, Lara Trillo e Ana Porteiro do departamento de lingua e literatura española, Rosana Rial do departamento de inglés e Teresa Llamas do departamento de historia.
Todas esperan que este interesante proxecto poda ter continuidade no vindeiro curso académico.

Novas relacionadas